Canva: Deseña os teus proxectos audiovisuais para redes sociais
O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza os días 18 e 25 de febreiro, entre as 17:00 e as 19:00 horas, o obradoiro ‘Canva: Deseña os teus proxectos audiovisuais para redes sociais’, impartido por Nuria Vallejo. O obradoiro desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 35 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.
Canva é unha ferramenta moi accesible e versátil para a creación e edición de contidos audiovisuais. Con este obradoiro práctico os alumnos van aprender a manexar Canva e todas as súas aplicacións de IA para editar e publicar imaxes e vídeos profesionais que complementen calquera proxecto profesional con contidos multimedia, todo sen necesidade de coñecementos avanzados en edición dixital.
Nuria Vallejo é licenciada en Pedagoxía, cun mestrado en tecnoloxías educativas, e formadora especializada en tecnoloxía e IA. Ten máis de 20 anos de experiencia en e-learning, EdTech e innovación pública na Administración Andaluza.
Para inscribirse, as persoas interesadas deben cubrir o formulario online. Máis información na web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía ou no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.
Inscrición
Consulta o texto para os detalles da inscrición e matrícula.