A transparencia pública, unha ferramenta de investigación xornalística

O Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía (CPPA) organiza do 1 de outubro ao 15 de decembro o curso ‘A transparencia pública, unha ferramenta de investigación xornalística’, que estará impartido por Helena Rodríguez e Regia Jiménez e contará cunha sesión webinar en directo o 22 de outubro. O curso, de 40 horas, desenvolverase en formato 100% online. En virtude dos acordos da Rede de Colexios de Xornalistas, o taller ten un prezo reducido de 50 euros para colexiados e colexiadas do CPXG.

As obrigas en materia de transparencia esixen que as institucións fagan públicas todas as súas actividades. Isto pode ser unha ferramenta poderosa para obter información. Axudarémosche a comprender como funciona, que limitacións existen e que portais, sitios web e ferramentas podes usar para mellorar as túas investigacións xornalísticas.

Helena Rodríguez e Regla Jiménez son licenciadas en Xornalismo e expertas en aprendizaxe virtual, e desenvolven o seu traballo profesional no equipo de Comunicación, Transparencia e Atención Cidadá do Servizo Andaluz de Emprego, onde abordan e poñen en práctica os dereitos e obrigas desta lei.

A inscrición ao curso estará aberta do 21 ao 30 de setembro a través da web do Colegio Profesional de Periodistas de Andalucía. Máis información no correo electrónico administracion@periodistasandalucia.es.