Vetada en Onda Madrid unha entrevista ó actor León Bassi

A Agrupación de Xornalistas de UGT informou dun acto de censura na emisora pública Onda Madrid ó producirse un veto para que o actor León Bassi fose entrevistado no programa 'La Tarde y Compañía' o pasado 1 de febreiro.
Segundo a Agrupación de Xornalistas, o director da emisora de Radio-Televisión Madrid, Miguel Pérez-Pla, censurou a entrevista por medo a ser cesado e xogouse unha cea a que Sánchez Dragó, que ten previsto entrevistar a Bassi proximamente no seu informativo da noite, non o fará.

A AGP engade que o equipo do programa recibiu a orde de suspender a entrevista unha hora antes da emisión. Os profesionais, sorprendidos pola descarada censura, solicitaron explicacións, por escrito ó director da radio. Pérez-Pla só falou coa directora do programa á que comunicou que se cancelaba a entrevista "por medo a que Bassi dixese algunha inconveniencia ou se encadease na redacción" para chamar a atención sobre a manipulación que sofre Radio-Televisión Madrid.

Os traballadores do programa 'La Tarde y Compañía' consideran o sucedido un atentado contra a liberdade de expresión, a liberdade de información dos oíntes e un "desprezo total e absoluto ó traballo realizado polo programa" que se molestou en ir ver o espectáculo para concertar e preparar a entrevista. A censura levou aparellado que durante media hora, a prevista para as entrevistas, só se puidese escoitar un disco tras outro en Onda Madrid. Nada se dixo en antena sobre os motivos da cancelación da entrevista.

O paradoxal da situación, di a AGP, é que Leo Bassi ten previsto acudir a Telemadrid o próximo 12 de febreiro ó programa de Sánchez Dragó. O equipo do programa de Onda Madrid preguntou ó director da radio por que Dragó si podía entrevistar a Bassi e eles non. A resposta de Pérez-Pla foi que "non lle gustaría ser cesado e que apostaba unha cea a que esa entrevista non chegará a realizarse".

A AGP esixe a demisión de Miguel Pérez-Pla que demostrou "pouca dignidade e unha alarmante falta de profesionalidade e capacidade" para dirixir Onda Madrid. Iso si, seguro que recibirá as felicitacións dos seus xefes políticos pola súa "submisión e obediencia", actuando en contra dos principios éticos ós que se debe como xornalista.

MADRID
PERIODISTAS-ES