Unha canle de TV para pacientes en 5 hospitais públicos de Madrid

Cinco hospitais públicos da Comunidade de Madrid iniciarán hoxe a emisión en probas dunha canle interna de televisión que, de modo totalmente gratuíto, ofrecerá información sanitaria e de entretemento para facer máis levadeira a estanza dos pacientes ingresados e dos seus familiares. La Paz, Ramón y Cajal, La Princesa, 12 de Octubre e Clínico San Carlos disporán do servizo.
A programación terá contidos de produción propia e achegados por Telemadrid e a Fundación Antena 3. O obxectivo é que se amplíe posteriormente ó resto de centros hospitalarios públicos da rexión.

Esta canle, que levará por nome Salud Madrid, complementarase con outro, denominado FAN3, especificamente dirixido a nenos e adolescente, a cargo da Fundación Antena 3 e comezará as súas emisións, en fase experimental, esta mesma semana no hospital infantil Niño Jesús, se ben, o obxectivo é que se estenda ós servizos de pediatría de toda a rede sanitaria pública.

MADRID
EL CORREO GALLEGO / E. P.