Time Inc. despide a máis de 250 traballadores das súas revistas para se centrar en Internet

O grupo Time Inc. anunciou o despedimento de máis de 250 traballadores das súas principais revistas, incluída 'Time' e a exitosa 'People', que pecha as súas delegacións de Washington, Miami e Chicago, informa 'Herlad Tribune' na súa edición online.
Nestas oficinas, que se pecharán o próximo 1 de febreiro, traballaban 15 persoas.

Ademais, a compañía anunciou despedimentos noutras das súas publicacións. Os recortes afectan ó 2% do cadro deste grupo, formada por 11.000 traballadores.

'Time', o buque insignia do grupo, é outra das afectadas. Setenta dos seus traballadores pasan a incrementar a lista de desempregados. E tamén en 'Sports Illustrated' temen algúns recortes.

Os despedimentos, e a conseguinte redución de custos, responden ós desexos de Time Inc. de se centrar nos seus produtos online, que consideran o futuro.

"Son parte da reestruturación necesaria do noso negocio a medida que continuamos transformándonos nun editor multimedia. Buscamos unha maior colaboración entre os nosos medios dixitais e impresos", di a compañía nun comunicado.

MADRID
EL MUNDO