Secuestran a un xornalista e matan a un fotógrafo en Iraq
Tras o secuestro de Karim Sabri Sharar Al-Rubai, xornalista de Al-Dawa, e o asasinato do fotógrafo independente Mounjid Al-Toumaimi, RSF fai unha vez máis un chamamento ás autoridades iraquís, para que garantan materialmente a protección dos profesionais dos medios de comunicación.
"Desde o comezo do ano 2007 morreron non menos de oito profesionais dos medios. Os secuestros, menos coñecidos pola opinión pública internacional xa que afectan a xornalistas locais, seguen sendo igual de terriblemente mortíferos. Neste momento non temos noticias de sete deles. Non deixaremos de esixir que se abran auténticas investigacións para encontrar ós asasinos e secuestradores de xornalistas, e acabar co clima de impunidade total que impera no país", declarou a organización.
Karim Sabri Sharar Al-Rubai, xornalista de Al-Dawa, órgano de prensa do partido xiíta iraquí (Islamic Dawa Party), foi secuestrado o 11 de xaneiro de 2007. Uns homes armados entraron no seu domicilio de Bagdade e levárono con ameazas para un destino descoñecido. Os seus familiares continúan sen noticias súas.
Aumenta o balance de xornalistas mortos
O fotógrafo independente Mounjid Al-Toumaimi foi abatido en Nayaf (a 160 km. ó sur de Bagdade) o 28 de xaneiro de 2007. Tentaba sacar, no hospital da cidade, fotografías de persoas feridas ou mortas nos enfrontamentos que tiveron lugar aquel mesmo día preto de Nayaf, causando máis de 300 vítimas. Os asasinos, que non foron identificados, apoderáronse da súa cámara fotográfica e o seu teléfono.
Finalmente, Reporteiros sen Fronteiras presenta as súas condoencias á familia de Souhad Chakir Al Kinani, falecida en Bagdade o 4 de febreiro de 2007. Antiga xornalista de Iraqi Media Network, deixou de exercer a profesión en setembro de 2006 e desde entón traballaba no servizo de prensa do Parlamento iraquí. O seu vehículo encontrábase en metade do lume cruzado entre unha patrulla de militares occidentais e un grupo armado. Non sobreviviu ás feridas.
Desde o comezo do conflito, en 2003, en Iraq mataron a 147 profesionais dos medios de comunicación. secuestraron a 55 xornalistas, dos que sete se encontran actualmente retidos como reféns.
IRAQ
RSF