RTVE planea desfacerse de dezasete traballadores máis en Galicia incumprindo o acordo cos sindicatos
O Sindicato de Xornalistas de Galicia (SXG) reclama aos gobernos estatal e galego que eviten un maior desmantelamento de Televisión Española e Radio Nacional de España na Comunidade.
E é que a SEPI filtrou unha nova lista de 17 traballadores da cadea en Galicia que pasarían a ser "excedentes a liquidar". De saír adiante este plan, Galicia perdería aínda máis activos, despois da grave redución de persoal e das horas de emisión en galego a raíz da recente reestruturación polo Expediente de Regulación de Emprego (ERE).
Dende a reforma de RTVE e a súa transformación en Corporación, o galego só conta cunha hora e media de tempo ao día. A reforma reduciu a un terzo a programación de Radio Nacional en Galicia, eliminando os boletíns informativos de cada hora.
Mentres, RTVE segue mantendo Radio 4 en Catalunya, que emite 24 horas en catalán. Ante a evidente discriminación a Galicia, o Sindicato pide a todos os axentes sociais –especialmente aos partidos no goberno- que se mobilicen en defensa dos traballadores e da presenza do galego nos medios públicos.
Se RTVE non traspasa a estes 17 asalariados á nova Corporación estará, ademais, incumprindo o acordo que asinou cos representantes dos traballadores, no que deixaba claro que todo o persoal que non se prexubilase pasaría á Corporación. A intención de RTVE sería, polo tanto, unha ilegalidade.
Galicia é a autonomía máis afectada
En total, son 164 os traballadores de toda España que figuran na lista de "excedentes a liquidar". Galicia, con 17 posibles baixas, sería a comunidade máis afectada por esta medida.
SANTIAGO DE COMPOSTELA
SXG