RTVE e EFE difundirán xuntas noticias de TV en Iberoamérica

As dúas principais empresas públicas de comunicación españolas, RTVE e EFE, chegaron a un principio de acordo para crear unha plataforma conxunta de noticias de TV destinadas a Iberoamérica.
O proxecto consiste en que os vídeos informativos de TVE se engadirán ós que xa vén elaborando o departamento de EFE TV tanto en España como en América e serán comercializadas mediante a rede que ten a axencia para os mercados en español e portugués do continente americano.

Así mesmo, esta rede velará polo correcto uso dos dereitos de todas as imaxes propiedade de TVE que se emiten pola súa canle internacional.

O novo produto centrarase na información política de interese común, na cultura e as tradicións dos pobos de Iberoamérica e na música, os espectáculos e os deportes que atraen ó mundo hispano.

Luis Fernández, presidente da Corporación RTVE, declarou que este acordo «demostra a aposta clara polos contidos informativos», mentres que Álex Grijelmo, presidente de EFE, destacou que «ninguén máis pode ofrecer un produto como este, coa nosa maneira especial de ver o mundo».

LA RAZÓN
R. T./ Oviedo