RTVE acorda, para lograr unha xestión áxil e eficaz, simplificar o seu organigrama
O consello de administración da Corporación RTVE acordou a aprobación do seu novo organigrama básico, a proposta do seu presidente, Luis Fernández, que persegue lograr unha maior "eficacia e axilidade" da xestión da Corporación, segundo informou onte o grupo público de medios.
Así mesmo, aprobouse a creación de catro comisións de traballo para a Corporación. A primeira delas ocuparase do cumprimento do contrato programa e a execución orzamentaria, e ocuparase de definir o deseño estratéxico financeiro e orzamentario. A segunda centrarase no servizo público e o dereito de acceso da sociedade; a terceira, na política de persoal e, finalmente, a comisión de auditoría.
Nestas tres semanas de actividade, os doce conselleiros, electos polo Parlamento co apoio de todos os grupos, visitaron as principais sedes de RTVE en Madrid para coñecer mellor o seu funcionamento, e proximamente viaxarán a Barcelona para coñecer o centro de produción de Sant Cugat e celebrar alí unha sesión ordinaria do consello de administración, dedicada a Catalunya.
O consello, segundo un comunicado da Corporación, "ten gran interese no centro de produción de TVE en Sant Cugat e Ràdio 4", e "está a estudar as fórmulas para garantir o seu futuro".
Segundo RTVE, xa comezaron as conversacións con distintos responsables políticos para abordar os temas que quedaron pendentes na anterior etapa, relativos á previsión de peche da cadea en catalán.
Por último, o órgano director da Corporación "acolleu moi favorablemente" a iniciativa do director de TVE, Javier Pons, de convocar un concurso de ideas sobre formatos de programas de televisión dirixido ós traballadores de RTVE.
MADRID
EL CORREO GALLEGO / E.P.