Reuters endurece o control das súas fotografías tras o escándalo das imaxes retocadas
A axencia Reuters nomeou un novo xefe de fotografía para Oriente Próximo e anunciou que estreitará os controis na edición das súas imaxes despois de que o ano pasado publicase dous instantáneas que foran manipuladas dixitalmente.
Estas medidas anunciadas por David Schlesinger, director da axencia de noticias, chegan tras unha investigación interna aberta despois de que Adnan Hajj, colaborador de Reuters, publicara dúas imaxes manipuladas da intervención militar israelí no Líbano do mes pasado de agosto.
Numerosos 'bloggers' fixeron correr pola Rede as súas dúbidas acerca da veracidade das imaxes e, tras unha rápida investigación inicial, Reuters despediu ó fotógrafo e retirou o seu traballo do arquivo da axencia.
"Editores gráficos experimentados e outros membros do 'staff' investigaron miles de imaxes publicadas durante o conflito do Líbano", sinalou Schlesinger nun texto publicado no seu blog de reuters.com.
"Estamos seguros de que ningunha outra imaxe foi alterada. Estamos completamente seguros de que foi un desafortunado erro humano que conduciu á publicación das dúas fotografías trucadas. Non houbo ningunha intención por parte de Reuters de enganar ó público", sinala.
Schlesinger explicou que a axencia non está orgullosa dos descoidos que permitiron que as dúas imaxes saísen á luz. A axencia aumentou os seus procesos de control na edición para se asegurar de que só os xefes de edición manexen este tipo de fotografías sensibles, investiu en maior formación e supervisión e endureceu o seu código de conduta para os fotógrafos.
Reuters nomeou a Stephen Crisp, un británico que traballou para a axencia en varios postos desde 1985, como novo editor gráfico para Oriente Próximo con sede en Dubai.
"O seu precedesor no cargo foi cesado durante a investigación pola forma na que manexou o caso", escribe Schlesinger. Un portavoz da axencia sinalou que Reuters non ofrecerá máis detalles sobre este asunto axustándose así á confidencialidade do equipo directivo.
Adnan Hajj, o autor das fotografías que revolucionaron a axencia, é un libanés que comezou a traballar para Reuters como colaborador en 1993 e especializouse en fotografía deportiva.
O seu traballo cuestionouse despois da publicación o 5 de agosto de 2006 dunha fotografía na que se vía o fume no ceo de Beirtu provocado por un ataque aéreo israelí. A imaxe fora manipulada dixitalmente con Photoshop para aumentar a cantidade de fume.
Hajj negou que a imaxe fose manipulada. Tamén negou ter alterado unha fotografía dun F-16 israelí sobre o sur do líbano da que as análise técnicas concluíron que fora alterada para incrementar de un a tres o número de mísiles que disparaba.
Os fotógrafos de noticias acostuman usar Photoshop para corrixir imperfeccións pero as súas ferramentas máis sofisticadas, que poden cambiar radicalmente unha imaxe, están prohibidas.
Shlesinger sinala no seu escrito que Reuters está a traballar coas principais industrias de fotografía e software para desenvolver un instrumento técnico que poida detectar posibles fraudes dixitais.
O código de conduta para os fotógrafos da axencia foi revistado e establece estritos límites técnicos no uso de Photoshop. "Cando se cometen erros hai que asumir responsabilidades e facer cambios", escribe Shlesinger.
MADRID
EL MUNDO / REUTERS