Reporteiros Sen Fronteiras alerta das denuncias SLAPP en España

Reporteiros Sen Fronteiras recupera os casos de demandas abusivas por revelación de segredos en España, algo que denuncian como "especialmente frecuente". Desde a organización internacional reclámase unha lexislación que protexa os xornalistas destas acusacións e castigue os intentos de criminalizar os medios.

Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) vén de realizar un comunicado no que denuncia que as manobras de litixios abusivos contra xornalistas "proliferan en países como Italia, Croacia, Eslovenia e tambén España". A organización internacional lembra que a plataforma Media Freedom Rapid Response documentou no ano pasado 439 alertas de ataques á prensa deste tipo na Unión Europe, dos cales o 22% tiveron consecuencias legais. As coñecidas como SLAPP ('demandas estratéxicas contra a participación pública', polas súas siglas en inglés) son procedementos xudiciais intimidatorios provintes tanto do sector privado como do público que, baseándose en presuntos delitos como a revelación de segredos ou atentados á tentan amedrentar a medios e xornalistas.

Desde RSF asegurase que a acusación de revelación de segredos é "especialmente frecuente en España" e lembra diversos casos como os dos xornalistas do ABC Cruz Morcillo e Pablo Muñoz, os redactores de El Comercio Marcos Moro e Íñigo Noriega ou o director de ElDiario.es Ignacio Escolar e a redactora Raquel Ejerique, Tamén o do dixital infoLibre, que foi denunciado por esta mesma causa en dúas ocasións (unha por Teodoro García Egea contra a xornalista Alicia Gutiérrez e o director Daniel Basteiro e outra por Francisco Serrano contra o redactor Ángel Munárriz e de novo Basteiro) ou a demanda millonaria que Iberdrola presentou contra o grupo Titania, editor de El Confidencial.

RSF lembra que este tipo de demandas requiren un esforzo económico que non todos os medios poden asumir, ademais dun alto custo psicolóxico, polo que o seu impacto pode ser destructivo para a pluralidade informativa. A Comisión Europea presentou recentemente unha proposta de directiva para loitar contra as SLAPP, pero, como lembran desde RSF, esta directiva apunta só a casos transfronterizos e do eido civil, "pois Bruxelas carece de competencias para lexislar sobre casos nacionais e de ámbito penal". Por iso, Reporteros Sin Fronteras insta a España e o resto de estados da Unión Europea a "aprobar lexislacións protectoras para os xornalistas e punitivas con quen instrumentalice a lei para criminalizar os medios".

CPXG