Reclámase o dereito a recibir as televisións portuguesas en Galiza
A Plataforma pola Recepção das Televisões Portuguesas na Galiza bota a andar unha campaña para normalizar a recepción do sinal das televisións portuguesas en Galiza. Esta petición xa chegou ao Consello de Europa, que esixe o cumprimento do artigo 11.2 da Carta Europea das Linguas Minoritarias: "as partes comprométense a garantir a liberdade de recepción directa das emisións de radio e televisión dos países veciños nunha lingua utilizada baixo unha forma idéntica ou próxima dunha lingua rexional ou minoritaria, e a non oporse á retransmisión de emisión de radio e de televisión dos países veciños nesa lingua".
O Consello de Europa publicara en setembro do 2005, un relatorio sobre o grao de cumprimento da Carta por parte do Estado. Como indica a plataforma, "hai moi pouco respecto polos dereitos lingüísticos dos cidadáns lusófonos de Galiza, e queda clara a obstrución sistemática que o Estado español fai con respecto do relacionamento lingüístico e cultural entre a Galiza e Portugal".
Dende a Plataforma danlle os parabéns ao Consello da Europa pola amplitude e exactitude do relatorio presentado, e reclaman do Governo autonómico o inicio dos trámites para a recepción dos sinais de radio e televisión portuguesas. Xa o ano pasado fora emitida na canle portuguesa SIC a reportaxe que amosamos arriba, na que participaran o escritor Xosé Luís Méndez Ferrín, Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura e Deporte, e Luis Magarinhos, da Plataforma. Nela escoitamos a Ánxela Bugallo afirmar que o proceso é "completamente posíbel. Penso que no mundo actual, o feito de podermos manter liñas de coñecemento abertas do que son as nosas culturas, que compartimos e son próximas, é sempre um elemento moi importante, cando menos dende o punto de vista da cultura".