PSOE e IU plantan a Telemadrid como medida de protesta pola súa "manipulación e censura"
O secretario de Organización e Coordinación do PSOE, José Blanco, anunciou que ningún dos membros da Comisión Executiva Federal deste partido participará "en ningún programa" de Telemadrid "ata que poña fin á manipulación e censura" que, segundo subliñou, "denuncia o seu comité de empresa".
A medida adoptada por ambas as dúas formacións políticas prodúcese o día no que varios traballadores da cadea pública iniciaron un peche na sede da cadea en protesta polo despedimento dun traballador involucrado na folga do pasado 5 de decembro.
Na rolda de prensa posterior a reunión da dirección do PSOE, á que asiste o secretario xeral socialista e presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero, Blanco prescisou que esta decisión é só no ámbito federal e que o Partido Socialista de Madrid (PSM) o vai "valorar e tomará e comunicará a súa propia" opción.
En canto a se os ministros seguirán tamén este ditado, fontes gobernamentais precisaron que, en principio, non está pendente de acudir ningún membro do Goberno a Telemadrid e que, de demandarllo, "valorarase".
Blanco subliñou que é o comité de empresa desta cadea o que chamou ós partidos políticos e á "sociedade en xeral" a que non participe "desa cerimonia que protagoniza Telemadrid de manipulación permanente e constante".
Horas despois do anuncio socialista, a dirección federal de IU uníase tamén á medida e anunciaba que os seus representantes tampouco van asistir ós programas de Telemadrid.
José Mendi, responsable federal de comunicación de IU, expresou o apoio da formación ás mobilizacións dos traballadores. "Púidose responder antes con máis contundencia -sinalou Mendi-, pero ó mobilizarse os traballadores é o momento de prestarlles o noso apoio".
Ó seu xuízo, é "bo que sexan os traballadores os que lideren as protestas e non os partidos políticos, para que non poida dar a impresión de que as moven intereses partidistas", sinalou.
Neste sentido, a formación transmitiu o seu apoio ós traballadores, en concreto ó presidente do comité de empresa, José Ángel Jiménez, por medio da deputada Isaura Navarro. "Eles promovérono e queremos solidarizarnos con eles", dixo en nome da dirección federal de IU.
Ante esta situación, ó seu xuízo, "o lóxico" sería que interviñese unha autoridade independente "para salvagardar a neutralidade". En calquera caso, lembrou que unha televisión pública "está afectada polos mínimos dereitos de acceso e neutralidade ou pluralidade que non se cumpren, e con que se aplicasen os preceptos legais, a denuncia estaría plasmada".
A dirección de Telemadrid fixo público un comunicado -antes de saber que IU se sumaba a esta iniciativa- na que considera esta decisión un 'boicot' á cadea. No texto lembra que a declaración de Blanco se producía "48 horas despois de que o presidente do Goberno arremetera contra a televisión pública madrileña".
A cadea asegura que ambas as dúas medidas son "un intento de silenciar, anular, amordazar, pechar e dinamitar a Telemadrid" porque "non se prega ós ditados e intereses do Goberno".
O comunicado da radiotelevisión pública madrileña sinala que a cadea "vai seguir na súa liña informativa de pluralidade, obxectividade e análise" e subliña que seguirá convidando a membros do PSOE "e a todas aquelas persoas relevantes da sociedade civil e cultural cuxas voces o PSOE non quere que sexan escoitadas en Telemadrid".
MADRID
EL MUNDO / AXENCIAS