Proclámanse como definitivas as candidaturas presentadas ás demarcacións de Ferrol, Pontevedra, Santiago e Vigo
Rematado o prazo de reclamacións, tal e como estipula o Regulamento das demarcacións, e ao non realizarse ningunha, a Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia procede a proclamar como definitivas as candidaturas presentadas nas demarcacións de Ferrol, Pontevedra, Santiago e Vigo.
As candidaturas proclamadas son as seguintes:
- Ferrol:
- Marta Fernández Corral
- Xan Morales Somoza
- Pontevedra:
- Elena Gallego Abad
- Pablo Lago Pita
- Santiago:
- Ainhoa Apestegui Beriain
- Xan Codesido Varela
- David Lombao Rodriguez
- Ramón Paz González
- Natalia Rodríguez Rodríguez
- Natalia Sequeiro Sixto
- Vigo:
- Mercedes Moralejo Velasco
- Ana Rodríguez Piñeiro
- Ángel Vila Lago
Ao ter concorrido unha soa candidatura por demarcación, estas quedan proclamadas sen necesidade de votacións, ficando así o proceso electoral pechado. Con estas proclamacións, complétase a renovación do Pleno Territorial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia