Prezo especial para colexiados no XXIII Congreso de Xornalismo de Huesca

O Colegio Profesional de Periodistas de Aragón organiza, xunto coa Asociación de Periodistas de Aragón e o Concello de Huesca, o XXI Congreso de Xornalismo Dixital que se celebrará os vindeiros 12 e 13 de marzo no Palacio de Congresos de Huesca (Avda. de los Danzantes, s/n).

Con obxecto de facilitar a asistencia dos membros da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, o XXIII Congreso de Xornalismo de Huesca ofrece un prezo especial de 90 euros, cun 25% de desconto sobre o prezo total, para as colexiadas e os colexiados do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Ademais da asistencia ás distintas sesións, a inscrición inclúe o xantar do xoves 24 de marzo.

Entre os nomes que teñen confirmada xa a súa participación no Congreso encóntranse o director de eldiario.es, Ignacio Escolar; o xornalista de La Vanguardia, Ramón Francàs; o director de "La Noche en 24 horas", Xabier Fortes; a presentadora do informativo nocturno de À Punt, Rosa Romero; o subdirector de vídeo de El País, Carlos Romero; ou a profesora titular de xornalismo en la Universidad Rey Juan Carlos Mercedes del Hoyo.

As persoas interesadas en inscribirse poden facelo xa a través da web do congreso

CPXG