Os secuestradores do xornalista británico Alan Johnston poñen novas condicións para a súa liberación en Gaza

Os secuestradores do xornalista británico da BBC Alan Johnston esixiron ás autoridades palestinas a entrega dun terreo, a liberación dun terrorista iraquí prendido en Xordania e o pagamento de 3,7 millóns de euros como rescate para a súa liberación, informaron medios locais.
Johnston, quen levaba tres anos traballando en Gaza, foi secuestrado nas inmediacións da súa vivenda da Cidade de Gaza o pasado 12 de marzo e desde entón xornalistas e a propia poboación presionan ó Goberno palestino para que se empeñe na súa liberación.

Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) declarouse o pasado 16 de abril enormemente preocupada pola sorte de Alan Johnston desde que, o 15 de abril de 2007, se difundise un comunicado indicando que o xornalista británico sería executado.

Centos de xornalistas palestinos entraron pola forza na sede do Parlamento palestino en Gaza para protestar polo fracaso do Goberno na súa liberación, ante a aparición dos panfletos asegurando que o xornalista británico fora executado.

Os gardas de seguridade conseguiron expulsar ós xornalistas, pero estes ameazaron con acometer accións similares nas sedes da Autoridade Palestina ou o Ministerio do Interior.

PERIODISTAS-ES
PALESTINA