Os rapaces españois reducen 18 minutos o seu consumo de TV
Os nenos españois reduciron o consumo de televisión en 18 minutos nos últimos oito anos, aínda que se dedican a 'outras pantallas alternativas' como internet, as consolas de videoxogos ou os móbiles, cuxo uso destacar xa claramente en detrimento do consumo televisivo.
Segundo datos de Corporación Multimedia, recollidos por Europa Press, en 2006 consolidouse a tendencia de baixada de audiencia de televisión entre o público máis novo por terceiro ano consecutivo. Concretamente, o ano pasado os nenos de entre 4 e 12 anos viron a tele unha media de 140 minutos ó día por neno, o que supón dous minutos menos que o ano anterior. Os adolescentes, porén, manteñen o nivel de consumo televisivo.
A pesar diso, os espazos infantís ocupan o terceiro lugar en canto a tempo dedicado ós distintos xéneros polas cadeas nacionais (TVE, Antena 3, Telecinco, Cuatro e La Sexta), cun 12,8 por cento do total, só precedidos polos informativos e programas de actualidade (18,5%) e as series estranxeiras (14,1%).
Non obstante, só achegan un 2,1 por cento da cota de audiencia ás cadeas, a peor porcentaxe, xunto coa telerrealidade (2,2%) e os espazos documentais e divulgativos (2%), e só mellores que os programas musicais (0,2%).
SANTIAGO DE COMPOSTELA
GALICIA HOXE / E. P.