O xornalista Ali Lmrabet recibe o premio José Couso
O xornalista marroquí Ali Lmrabet recolle esta tarde o primeiro premio José Couso de liberdade de prensa que convocan o Club de Prensa de Ferrol e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) coa colaboración de Caixanova. Farao no trascurso dunha cea no Parador logo dunha xornada que comezará á unha do mediodía cunha recepción no Concello.