O xornalismo galego crea o premio José Couso de Liberdade de Prensa
Dende onte, o xornalismo galego ten un novo premio, o José Couso de Liberdade de Prensa, unha iniciativa desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Clube de Prensa de Ferrol, que conta co apoio económico de Caixanova.