Hoxe ás 12 preséntase a VI Edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis

Hoxe, luns 5 de abril de 2021, vai presentarse a sexta edición da Bolsa ‘Nacho Mirás’ para xornalistas noveis, organizada e desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e patrocinada por Abanca, coa colaboración da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. O acto terá lugar ás 12:00 horas na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC (Avda. de Castelao s/n) en Santiago de Compostela.

O acto vai contar coa presenza de:

  • Xosé Ramón Pousa, decano da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC
  • Belén Regueira, vicedecana segunda do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
  • Ramón Mariño, director de Zona de Abanca en Santiago

 

Ao remate das intervencións, será presentado o traballo gañador da pasada edición: éDeporte por parte do seu responsábel César Fieiras.

CPXG