O Tribunal Constitucional desbloquea a Lei catalana do Audiovisual
O Tribunal Constitucional (TC) levantou a suspensión á maioría do articulado da Lei da Comunicación de Catalunya. Este tribunal só mantén a suspensión do art. 56, que fai referencia á "intransmisibilidade das licenzas", e á disposición transitoria segunda que se refire "ó réxime de concesión de licenzas".
Deste modo, o Consell de l'Audiovisual de Catalunya (CAC) recupera todas as competencias adquiridas coa lei anterior, reforza ademais a súa capacidade reguladora e obtén a capacidade de outorgar as concesións sen pasar pola Generalitat.
Fontes do CAC expresaron o seu "máximo respecto para as decisións do TC" e subliñaron que a vontade deste organismo é "seguir velando pola seguridade audiovisual en Catalunya".
Estas mesmas fontes aseguraron que a existencia dunha Lei reguladora da profesión audiovisual "é tan positiva para os cidadáns como para os profesionais que traballan neste sector".
Entre os artigos ós que o TC levantou a suspensión, hai algún referido, entre outras cousas, á presenza da lingua e da cultura catalanas nos medios de comunicación audiovisual.
O Goberno central presentou en agosto do ano pasado un recurso de inconstitucionalidade sobre a Lei do Audiovisual de Catalunya, aprobada o 20 de decembro de 2005 no Parlamento catalán por todas as forzas políticas a excepción do PP, que tamén recorreu a lei.
A resolución do TC chega case catro meses despois de ter admitido a trámite o recurso do goberno e conclúe que a lei "efectivamente" conduce á "transformación xeneralizada" das concesións audiovisuais vixentes.
Entre outras cousas, esta lei prevé sancións que poden chegar ós 300.000 euros e á suspensión da actividade en caso de infraccións moi graves. Con todo, o CAC insistiu en que só é un organismo máis da Generalitat e asegurou que "seguirá aplicando a lexislación vixente en cada momento".
BARCELONA
EL MUNDO / EUROPA PRESS