O Observatorio dos Medios organiza un Foro Internacional sobre Comunicación e Xénero

O Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social do Observatorio Galego dos Medios, que depende do CPXG, organiza en novembro o primeiro dos foros internacionais sobre xornalismo e sociedade que prepara para finais de 2006 e primeiros de 2007.
Estes pretenden servir de punto de encontro entre o tecido asociativo da sociedade e os profesionais dos medios de comunicación. Cada foro contará cunha parte virtual, na que se establecerán debates por vía de internet, e unha parte presencial, na que se tratarán de reunir as conclusións.

O primeiro, que se celebrará o sábado 25 de novembro en Pontevedra, está adicado a discutir sobre 'Comunicación e Xénero'. Nel trataranse temas como o sexismo, o xénero nos medios, a representación simbólica da muller na publicidade, o movemento asociativo, a discriminación... Máis adiante, A Coruña acollerá o de 'Comunicación e Discapacidades' a mediados de decembro, Lugo o de 'Comunicación e Xuventude' en febreiro e Ourense o de 'Comunicación e Persoas Maiores', a finais de marzo de 2007.

Contacta co Observatorio Galego dos Medios en observatorioa r r o b axornalistas.com.