O Informe Inmigracionalismo 2022 alerta da deshumanización da poboación migrante nas informacións

Red Acoge publicar unha nova edición do seu Informe Inmigracionalismo que estuda o tratamento mediático das migracións, que observa melloras na cobertura mediática, pero denuncia tamén carencias como a case total audiencia de persoas migrantes nas informacións ou a persistencia de numerosas novas con linguaxe alarmista. O documento recolle tamén unha serie de propostas para avanzar nunha información de calidade sobre as migracións. 

A Federación de ONG en defensa da poboación inmigrante Red Acoge vén de publicar o seu Informe Inmigracionalismo 2022, que analiza o tratamento mediático das migracións en España. Como cada ano, o relatorio está realizado a través do exame por parte dun equipo multidisciplinar de profesionais das informacións sobre migración publicadas en 24 cabeceiras da prensa española, incluíndo as galegas Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Ademais, realizáronse unha serie de focus groups en varias provincias, entre elas Pontevedra, para reflexionar sobre este tratamento mediático, e unha enquisa sobre a percepción da cidadanía sobre este asunto.

O estudo dos datos dos diferentes informes permiten detectar "certa evolución ou mellora no tratamento das migracións nos medios de comunicación", aseguran desde a organización, pero advirten de que se seguen a identificar unha serie de prácticas xeradoras de estereotipos e prexuízos, que deshumanizan a poboación migrante. Entre as máis graves destacan a ausencia de voces de persoas migrantes en máis do 80% das informacións analizadas, a omisión do termo ‘persoa’ en máis da metade das novas sobre migración, o incremento da inadecuación das imaxes por vulneración dos dereitos da infancia ou o feito de que arredor dun 20% das pezas conten cunha linguaxe alarmista, belixerante ou criminalizadora.

Red Acoge afirma que "resulta fundamental a utilización de datos contextualizados, non terxiversados e afastados do alarmismo, a criminalización, a estigmatización ou a deshumanización das migracións, como paso esencial para ofrecer una información de calidade". Para iso, esta edición do seu informe conta cun apartado no que se realizan unha serie de propostas de mellora, que inclúen o uso dun enfoque baseado nos dereitos humanos, o incremento da diversidade nas redaccións, a formación e sensibilización das e dos profesionales da información, a promoción de mudanzas na linguaxe ou a creación de espazos de encontro participativos e interculturais cun papel protagonista das asociacións de persoas migrantes.

CPXG