O Goberno luso quere finalizar en xaneiro a fusión da TV e a radio estatal
O Goberno portugués quere finalizar en xaneiro de 2007 o proceso de reestruturación da televisión e radio estatal, RTP e RDP respectivamente. O ministro de Asuntos Parlamentarios, Augusto Santos Silva, quere dar por finalizado un proxecto iniciado no 2002 que rematará coa fusión das catro empresas do grupo (RTP SGPS, RTP SPT, RDP e RTP Medios de Produción) nunha soa empresa de capital público. A intención do Executivo luso é "presentar en novembro na Asemblea da República a revisión do modelo de xestión de RTP e RDP".
Para o responsable, que tutela a área da comunicación social, estas alteracións non poñen en perigo a autonomía editorial da radio e da televisión. A intención é poder "manter a marca e a referencia histórica da RDP".
Esta fusión provocou críticas entre os sindicatos e asociacións de xornalismo. Desde que se iniciou o proceso de reestruturación, no ano 2002, delegacións de representantes de asociacións como UNIMEI ou a Federación Internacional de Xornalistas (FIJ) mantiveron reunións en Lisboa con membros do Goberno para dar a súa opinión sobre este proxecto lexislativo.
LISBOA
ABC
Belén Rodrigo