O CPXG REXEITA A FALLA DE TRANSPARENCIA NAS NEGOCIACIÓNS ENTRE PSOE E BNG NA CORUÑA
Ante a falla de transparencia coa que PSOE e BNG están a negociar un posible goberno de coalición na cidade da Coruña, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia desexa manifestar o seguinte:
1.- Que os cidadáns teñen dereito a coñeceren as conversas que manteñen as dúas formacións políticas para a creación dun goberno de coalición cos votos outorgados polos propios cidadáns.
2.- Que o CPXG rexeita as trabas impostas aos xornalistas no desenvolvemento do seu traballo, como a ocultación da hora e do lugar nos que se producen as reunións entre os candidatos do PSdeG-PSOE, Javier Losada, e do BNG, Henrique Tello.
3.- Que o CPXG entende que a comunicación dos resultados desas reunións non pode resolverse cunha mera nota de prensa que impide as preguntas dos xornalistas e, polo tanto, o contraste das informacións e das opinións.
4.- Que considera especialmente grave que os xornalistas fosen expulsados esta mañá da pranta do Concello na que habitualmente se recollen as declaracións dos políticos municipais.
5.- Que todos estes acontecementos atentan directamente contra o dereito constitucional dos cidadáns a recibiren unha información libre e plural.
Por último, o CPXG insta ás direccións locais do PSdeG-PSOE e do BNG na cidade da Coruña a desistiren deste tipo de prácticas e agarda que non sexan as habituais do novo goberno de coalición, no caso de que este se materialice.
Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)