O CPXG pon en marcha unha comisión de 'freelance' e autónomos

O Colexio de Xornalistas creou unha comisión de freelance e autónomos para responder ás necesidades deste colectivo. Os colexiados e colexiadas interesadas en participar poden solicitalo por correo electrónico. 

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia puxo en marcha unha comisión de freelance e autónomos, para organizar a este colectivo, crecente no ámbito do xornalismo aínda que a miúdo se atope invisibilizado, e dar resposta ás súas necesidades e reinvindicacións. A creación desta comisión foi proposta na pasada XX Asemblea Xeral, celebrada o sábado 13 de febreiro.

Os colexiados e colexiadas que queiran colaborar con esta comisión poden escribir a xornalistas@xornalistas.gal indicando os teus datos de contacto. Para participar na comisión non é preciso traballar ter traballado como autónomo/a ou freelance, aínda que este tipo de experiencias persoais sempre serán útiles para valorar de primeira man as reivindicación do colectivo. 

CPXG