O CPXG permanecerá pechado do 5 ao 27 de agosto

Por descanso vacacional, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) vai permanecer pechado entre os días 5 e 27 de agosto, ambos os dous incluídos, retomando a súa actividade normal a partir do luns 28 de agosto.

Durante este tempo as colexiadas e colexiados do CPXG poderán continuar a poñerse en contacto co colexio a través do enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal.

O luns 28 de agosto vai reanudarse a actividade continuando co horario de verán, como establece o convenio provincial, ata o 30 de setembro: das 8 ás 15 horas. A partir dese día poderá contactarse co Colexio a través do enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, chamando ao teléfono 981 935 670 ou achegándose á nosa sede na Rúa Ponferrada, 9, baixo (Santiago de Compostela)..

CPXG