O CPXG lamenta o falecemento de Luís Neira Río director do semanario «Heraldo de Viveiro»

A Xunta de Goberno do CPXG, quere manifestar o seu pesar polo falecemento de Luís Neira Río (Ortigueira, 1917) o pasado sábado, 25 de decembro, aos 93 anos. Neira era o membro de maior idade, e en activo, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) ao que pertencía dende a súa creación.
O CPXG quere transmitir ás súas condolencias á familia e amigos pola pérdida e fai unha especial lembranza do seu salientable traballo de toda unha vida.

Luis Neira Río

Luis Neira Río (Ortigueira 1917-Viveiro 2010) comenzou aos 10 anos a traballar de aprendiz na Imprenta Fojo de Viveiro, onde se editaban os semanarios Heraldo de Vivero, fundado en 1912, e El Momento.

En 1937 foi mobilizado para a Guerra Civil. Ao seu remate incorporouse á imprenta Fojo, en Ortigueira, onde se editaba La Voz de Ortigueira, onde traballou como tipógrafo ata sacar as oposicións a Correos como carteiro. Despois de destinos en Solares (Santander) e Ferrol, onde nas horas libres tamén traballaba nunha imprenta, foi destinado a Viveiro no ano 1946. Aquí mercou unha pequena imprenta e no ano 1963, cando o editor do Heraldo de Vivero Ramón Canosa volveu sacar o semanario á rúa, o xornal imprimiuse na súa imprenta, onde tamén estaba a redacción, encargándose Luis Neira, como redactor xefe, de varias seccións, entre elas as noticias locais e os deportes.

Desde ese ano de 1963 e ata a data da súa morte estivo ao frente do Heraldo de Vivero, como redactor xefe e director. Foi tamén correspondente nos anos sesenta do xornal El Progreso de Lugo e tamén nos anos setenta de La Voz de Galicia. Enviando desde a redación do Heraldo de Vivero as noticias da comarca e as crónicas deportivas.

No ano 2009 foi galardoado coa Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo, polo Goberno de España.

Os colaboradores do semanario Heraldo de Vivero, varios xornalistas e amigos rendéronlle unha homenaxe en agosto de 2009, pola súa longa traxectoria xornalística e de traballo.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia