O CPXG e a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero reúnense para continuar a levar a formación especializada en xénero ás redaccións

De esquerda a dereita, Roberto Barba, Patricia Fernández, Sonia Vizoso e Belén Regueira

A decana do Colexio de Xornalistas, Belén Regueira, e a vicedecana primeira, Sonia Vizoso, mantiveron este xoves unha xuntanza con Roberto Barba, director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, e Patricia Fernández, subdirectora xeral, co obxectivo de pór en marcha unha nova fase de obradoiros de formación especializada nos medios galegos sobre tratamento de violencia contra as mulleres.   

Unha representación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia formada pola decana Belén Regueira Leal e a vicedecana primeira Sonia Vizoso Pérez  reuniuse na sede do Colexio este xoves 29 de xaneiro co director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia, Roberto Barba Alvedro e a subdirectora xeral, Patricia Fernández López. A xuntanza estaba dirixida á posta en marcha dunha nova fase do programa de obradoiros de formación especializada nas redaccións para mellorar o tratamento informativo das violencias contra as mulleres.

O programa especializado de formación para xornalistas en materia de igualdade e prevención das violencias machistas foi iniciado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en 2021 e busca fornecer aos e as profesionais de coñecementos, ferramentas e técnicas para informar dunha maneira axeitada e responsábel sobre as violencias machistas. No ano pasado, grazas a un convenio coa Consellería de Politica Social e Igualdade no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, comezaron os obradoiros nas redaccións de cinco dos principais medios da nosa comunidade: Faro de VigoEl Progreso, Europa Press, a Cadena Ser e La Voz de Galicia

CPXG