O CPXG denuncia a agresión a un xornalista polo seu labor informativo
O CPXG quere denunciar públicamente a agresión recibida polo xornalista Serxio González por parte do familiar dun representante político, a pasada fin de semana en Vilagarcía de Arousa, segundo denuncia presentada na Comisaría de Policía Nacional de Vilagarcía onde pon en coñecemento das autoridades a agresión sufrida polo xornalista.
José Abuín Duro, irmán do ex concelleiro socialista de Vilagarcía Marcelino Abuín, detivo a Serxio González nunha frecuentada vía pública a primeira hora da madrugada, cuspiulle na cara, insultouno e recriminoulle as informacións que fixera na edición do Salnés de La Voz de Galicia sobre a xestión política do seu irmán (responsable municipal de Urbanismo ata o pasado decembro), ao tempo que o ameazaba con expulsalo da vila. O xornalista agredido presentou esa mesma noite unha denuncia na Comisaría de Policía.
Independentemente do proceso que siga esa denuncia, a Xunta de Goberno do CPXG quere mostrar a súa repulsa ante a actitude do presunto agresor, intentando cercenar o dereito á información e de liberdade de expresión, e a súa solidariedade co colexiado agredido, dado que a orixe do altercado foi o labor profesional do xornalista, como se encargou de deixar máis que claro José Abuín.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia