O CPXG crea un grupo de traballo sobre comunicación rural
O Colexio de Xornalistas vai poñer en marcha un grupo de traballo dedicado á información e comunicación sobre o rural. O obxectivo do grupo é avanzar na creación dunha Rede galega de periodistas e comunicadores sobre o territorio rural que deseñe materiais e active iniciativas útiles para mellorar e visibilizar a comunicación sobre esta materia.
Se estás interesado/a en formar parte deste grupo de traballo, podes escribir a xornalistas@xornalistas.gal indicando os teus datos de contacto.
A Rede de periodistas e comunicadores sobre o rural é o primeira actuación prevista dentro do grupo de acción de Comunicación e Concienciación Social, coordinado polo CPXG, dentro da Alianza por un Territorio Rural Resiliente. Este luns 5 de outubro desenvolveuse a primeira xuntanza deste grupo de acción, ao que están adheridas máis de 50 persoas e entidades, e que ten entre os seus propósitos reforzar a presenza estable da información sobre o rural nos medios de comunicación, promover unha representación do rural máis ampla e realista, promover criterios ou recomendacións de boas prácticas e reclamar condicións profesionais dignas para facer posíbel unha cobertura territorial rigorosa.
CPXG