O CPXG considera que a Xunta incorre en abuso de poder ó conceder as licencias de TDT coa lexislatura rematada
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) considera que a concesión das licencias de radio e televisión dixital por parte da Xunta, cando xa está disolto o Parlamento e a lexislatura rematada, constitúe un acto antidemocrático de abuso de poder co obxectivo de busca-la blindaxe mediática do partido que goberna.
O CPXG xa ten solicitado publicamente a paralización deste proceso ata que se cre un Consello Superior do Audiovisual de Galicia, independente do poder político, con capacidade para regular o desenvolvemento do sector mediático galego –público e privado- e especialmente todo o referido á concesión de novas licencias de emisión no novo escenario da radio e da televisión dixital.
Unha decisión de goberno de tanta transcendencia pode hipotecar, de levarse a adiante sen as debidas garantías democráticas, o futuro do escenario mediático galego. Neste momento non responde á realidade que se siga apelando á urxencia de concesión desas licencias porque, como é sabido, o goberno central acaba de amplia-lo prazo ata o 31 de decembro.
Por tanto, se non existe esa premura á que se alude, a lexislatura está rematada e non se creou en Galicia aínda ningún organismo independente regulador e definidor de estratexias do audiovisual, o razoable e democrático é que a concesión de licencias se aprace ata que o novo parlamento estea constituído e poida consensua-la fórmula máis democrática para que as novas emisoras e canles dixitais estean realmente ó servizo do pluralismo e do país.
En todo caso, para o CPXG é inescusable que a concesión de novas licencias de emisión de radio e televisión teña por obxecto a creación e consolidación dun espazo mediático galego e en galego, autocentrado e interconectado cos espazos do noso entorno español, europeo e mundial pero cunha visión e interpretación propia da realidade, desde o punto de vista e intereses dos galegos. Un espazo mediático propio no que os cidadáns que viven e traballan en Galicia sexan os verdadeiros propietarios da información e no que o pluralismo sexa un valor perenne en toda a programación de cada un dos medios de comunicación.
O dereito á información é a outra cara do dereito ó sufraxio, se un está mutilado tamén o está o outro. Para que a información sexa de calidade é imprescindible que estea feita en condición de liberdade e por profesionais formados –licenciados en xornalismo- e cunhas condicións de traballo dignas e estables. Esas son obrigas que deberán cumprir inescusablemente os beneficiados coas novas licencias de emisión de radio e televisión dixital.
O CPXG, como corporación de dereito público que representa ós xornalistas galegos, ten tamén atribuído por lei o deber de velar e denunciar aquelas situacións nas que o dereito dos cidadáns a recibir información veraz e plural se vexa menoscabado.
Santiago, 18 de maio de 2005