O CPXG apadriña ó xornalista sirio Massoud Hamed, preso por fotografar unha manifestación kurda

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) celebrou o pasado 24 de novembro, xunto con Reporteiros sen Fronteiras (RSF), o `Día do chamamento á solidariedade cos xornalistas encarcerados´. Con motivo desta conmemoración, o CPXG apadriñou ao xornalista sirio Massoud Hamed, preso desde o 24 de xullo de 2003 e condenado a cumprir tres anos de cadea.
Hamed foi considerado culpable de "pertencer a unha organización secreta" e de "intentar ceder unha parte do territorio sirio a un país terceiro". O seu delicto consistiu en sacar unhas fotografías da protesta pacífica de un grupo de kurdos, e publicar as imaxes na web en lingua kurda www.amude.com, con sede en Alemaña.

O CPXG asume a súa defensa e reclama a súa inmediata liberación, pois, en caso contrario, tería que permanecer no cárcere ata xullo de 2006, data prevista para a súa posta en liberdade. O CPXG ingresou na organización internacional RSF en novembro de 2003. Daquela apariñaba ó xornalista chinés Liu Jingsheng, condenado a quince anos de cárcere, e hoxe na rúa por bo comportamento. Máis información sobre Massoud Hamed.