O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia solidarízase cos traballadores de ATLAS GALICIA e RADIO ESPAÑA GALICIA

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere facer pública a seguinte declaración á vista da gravísima situación que padecen e denuncian os traballadores de ATLAS GALICIA e RADIO ESPAÑA GALICIA, abocados ó paro e, previsiblemente, ó peche dos seus centros de traballo.
1. A Xunta de Goberno do CPXG expresa a súa mais rotunda solidariedade con tódolos traballadores afectados e chama á atención sobre as circunstancias que rodean estas decisións, para as que os responsables dos medios alegan motivacións económicas. Parécenos que nalgúns casos podemos estar diante do oportunismo e do aventureirismo de empresarios da comunicación que desprecian e pisotean os dereitos dos traballadores. Mesmo logo de declarar beneficios millonarios.

2. O peche de medios de comunicación é, por demáis, unha moi mala nova que ven reducir o necesario espacio do pluralismo e o acceso a información en libertade en e desde Galicia.

3. ATLAS GALICIA, creada hai pouco mais de tres anos por un acordo entre TELECINCO e o GRUPO VOZ eliminará desde o 1 de Agosto próximo as desconexións territoriais programadas e emitidas desde Galicia. Uns dez técnicos do equipo de control e realización quedarán sen traballo e outras cuarenta persoas deberán padecer o impacto dos recortes ou "reestructuracións".

4. A situación en RADIO ESPAÑA GALICIA, con catorce traballadores nas emisoras de Vigo, Muros, A Coruña e Santiago está ameazada pola prevista e anunciada reducción do 81 % da plantilla de todo o grupo de emisoras e un despido masivo e colectivo que se está a negociar có comité intercentros.

5. A Xunta de Goberno do CPXG chama a atención, unha vez mais, sobre a precariedade que afecta a boa parte dos xornalistas e traballadores dos medios informativos de titularidade pública e privada e declara que seguirá con toda atención o desenrolo destes procesos negativos para o sector da comunicación e para a sociedade galega. Denunciará asemade os abusos e incumplimentos que sempre acaban por golpear ós memos destinatarios: xornalistas e traballadores da comunicación.