O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia salienta o esforzo de xornalistas e medios para informar sobre o impacto da marea negra
O Pleno Territorial, Xunta de Goberno e representantes das Demarcacións, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), reunido en Santiago, quere manifestar novamente a súa solidariedade con tódolos galegos, asturianos, portugueses, cántabros e vascos, directamente afectados polas consecuencias do desastre do "Prestige"; unhas consecuencias coas que, desventuradamente, aínda habemos convivir meses, quizais anos
Desde o primeiro momento, desde o 13 de novembro, e máis en particular, desde que a primeira "marea negra" tinguía a Costa da Morte, entre o 16 e o 18, o CPXG seguiu con interese, anoxo e unha grande preocupación o mortífero impacto que as toneladas e toneladas de chapapote ían causando nas nosas costas, destrozando paisaxes, economías e modos de vida que agora vai ser moi difícil restablecer.
O CPXG quere subliñar a exemplaridade da gran reacción cidadá galega, apoiada por un voluntariado universal e solidario que, con vontade decidida, e suplindo as manifestas carencias que evidenciaron as autoridades, tanto do Estado como da Comunidade Autónoma, se botou ás praias e ós cantís para tratar de remediar o irremediable, sen medios, sen ninguén que os organizase, coas súas propias mans e cun corazón colectivo que tódolos medios de todo o mundo souberon apreciar e destacar.
O CPXG tamén quere por de relevo e felicitar ós medios do país, do Estado e de todo o mundo, pola gran cobertura que lle están adicando a este desastre ecolóxico e económico que, aínda afectando en primeira instancia e de cheo ós galegos, non debemos esquecer que, en definitiva, é un desastre que alcanza a toda a humanidade.
Hai que resaltar asemade o bo e eficaz traballo dos xornalistas que están a cubrir, día a día, tódalas frontes informativas que esta lamentable desgracia ten abertas, moitas veces superando, con profesionalidade, mesmo atrancos obxectivos ou interpostos de mala fe. A este respecto, o CPXG xa chamou a atención o pasado día 6, Día da Constitución, sobre a opacidade e o escurantismo cos que, a miúdo por demáis, os xornalistas se atopan no exercicio do seu traballo.
Tamén queremos denunciar, unha vez máis, as dificultades, os insultos, as ameazas que algúns xornalistas desprazados a distintos lugares da costa galega, en particular algúns xornalistas de medios públicos, teñen que sobrelevar, teñen que aturar, moitas veces non como consecuencia do seu traballo, senon debido á política informativa dos medios que representan. Neste sentido, o CPXG apoia os pronunciamentos feitos recentemente polos comités de empresa da CRTVG e de TVE en Galicia.
Por último, o Pleno Territorial do CPXG quere reiterar que o labor dos xornalistas en calquera ocasión, e en especial nesta, na que se está a cubrir, con exemplaridade, toda a información que xera o "caso Prestige", é un cometido absolutamente necesario e de servicio á sociedade, que garante o dereito desta a estar informada con transparencia e obxectividade, a pesar de que, desde algunhas instancias, se teña pretendido, ou aínda se pretenda, limitar esa transparencia e esa obxectividade.
Santiago de Compostela, 18 de Decembro de 2002.