O Colexio esixe ó Presidente da Xunta que retire as súas palabras despreciativas contra os xornalistas
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), reunida esta mañá en Santiago de Compostela e recollendo o sentir do colectivo profesional, que se fixo patente nas numerosas comunicacións recibidas nos últimos días, fai pública a seguinte declaración en resposta as últimas manifestacións do presidente da Xunta de Galicia:
1) Non é nin a función nin o propósito deste Colexio ensarillarse en polémicas con ningunha autoridade pública e moito menos con quen preside Goberno de Galicia. Pero, do mesmo xeito, esta Xunta de Goberno defraudaría a confianza dos que a elixiron e abdicaría das súas obrigas se non respostase con firmeza ás agresións ou ameazas a calquera dos seus colexiados e, por extensión, ó conxunto da profesión xornalística.
2) O pasado día 18 esta Xunta de Goberno recibíu unha solicitude de amparo do colexiado número 0469, Manuel Rico Prada, a quen o conselleiro de Política Territorial e Obras Públicas, Xosé Cuiña, chamou reiteradamente "piolloso" e "malnacido" en declaracións feitas por separado a varios medios de comunicación a propósito dunhas informacións publicadas na revista ‘Interviu’. En cumprimento dos seus estatutos e das obrigas como órgano de representación do colectivo profesional, este Colexio saíu en defensa do compañeiro agredido por unhas manifestacións impropias dun político democrático e que, como ocorre sempre nestes casos, poderían conter unha potencial ameaza contra tódolos xornalistas. Ó mesmo tempo, esta Xunta de Goberno lembrou ó señor Cuiña cáles son as canles normais que se deben empregar nun Estado de Dereito cando unha persoa cré que unha información xornalística danou a súa honorabilidade.
3) Lonxe de condear esa actitude intolerable nun cargo público, o señor Presidente da Xunta engadíu máis leña ó lume cunhas manifestacións que esta Xunta de Goberno entende que supoñen unha gravísima mostra de desprecio a unha institución creada por unha lei do Parlamento de Galicia e que representa democráticamente á inmensa maioría dos xornalistas galegos (1.050 colexiados neste momento). A ofensa, convén lembralo, diríxise contra un colectivo que representa un dos puntais do sistema democrático como depositario do dereito de tódolos cidadáns á libre expresión de ideas e informacións.
4) Como consecuencia de todo o exposto, a Xunta de Goberno do CPXG esixe ó Presidente do Goberno de Galicia que, por respeto ó conxunto dos xornalistas, a este Colexio, ó Parlamento que aprobou por unanimidade a súa creación e mesmo á alta institución que o señor Fraga Iribarne representa, retire públicamente e de xeito inmediato tales manifestacións. Ó mesmo tempo, este Colexio segue botando en falta que o Presidente da Xunta rexeite de modo tallante e inequívoco a conducta dun membro do seu Goberno, inaceptable desde calquera punto de vista.
5) A Xunta de Goberno agradece sinceramente tódalas mostras de apoio recibidas nos últimos días, de agrupacións de xornalistas, sindicatos, colexios profesións e outros colectivos, así como as múltiples adhesións individuais de compañeiros e compañeiras xornalistas que tamén se sentiron agredidos polas palabras do presidente do seu Goberno.
6) Esta comunicación foi enviada este mediodía, antes de facerse pública, á Presidencia da Xunta e á Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos do Goberno de Galicia, por acordo expreso desta Xunta de Goberno.
Santiago de Compostela, a 29 de setembro do 2001.