O Colexio de Xornalistas solicita ó Real Club Deportivo que mellore as súas prácticas nas relacións cos medios
Tras recibir queixas de colexiados da Coruña, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) solicita publicamente os responsables do Real Club Deportivo que mellore as súas prácticas nas relacións cos medios para garantir a máxima transparencia en acontecementos de evidente interese público.
As queixas dos colexiados veñen motivadas pola xestión da aparición públicas das tres últimas fichaxes do primeiro equipo. Os xornalistas critican os atrancos que, aseguran, lles puxeron os responsables do club na obtención de testemuños dos xogadores, en contra das prácticas que viñan sendo habituais, como as declaracións tralo recoñecemento médico. A isto engaden a escasa antelación coa que se fixou a hora dunha rolda de prensa que se tiña anunciado desde a mañá.
Este é un feito puntual que se engade a unha práctica intermitente de discriminación a medios concretos pola súa liña editorial, ou segundo as relacións que ten a empresa informativa coa directiva do clube. O CPXG recorda ao RC Deportivo que a misión dos xornalistas nunha sociedade democrática é garantir aos cidadáns o acceso á información, segundo o seu criterio profesional, coincida ou non cos intereses do clube.
Agresións a xornalistas
Por outra banda, o Colexio de Xornalistas veu recompilando información nos últimos días sobre os acontecementos ocorridos a pasada fin de semana no Campionato de España de Caza do Raposo, celebrado en Pontecaldelas. O CPXG censura as agresións que recibiron dous camarógrafos por parte dun reducido número de cazadores, segundo diferentes testemuños.
O Colexio de Xornalistas insta á organización e á Delegación do Goberno a adoptar tódalas medidas necesarias para que feitos como estes, que nunca deberon ter ocorrido, non volvan acontecer, e moito menos en presenza de membros das forzas de seguridade.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia