O Colexio de Xornalistas regresa o luns 5 de outubro ao horario de inverno
Desde o luns 5 de outubro, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia regresa ao horario de inverno, segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia de A Coruña. O CPXG estará aberto no seguinte horario: luns, mércores e venres de 8.00 a 15.00 horas e martes e xoves de 8.30 a 14.30 e de 16.00 a 19.00 horas.
As persoas interesadas en contactar co Colexio poden continuar facéndoo nese horario, ben mediante o enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, ben chamando ao teléfono 981 935 670. E tamén achegándose á nosa sede na Rúa Ponferrada, 9, baixo (Santiago de Compostela).
CPXG