O Colexio de Xornalistas permanecerá pechado do 10 ao 21 de agosto
Por descanso vacacional, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia permanecerá pechado entre os días 10 e o 21 de agosto, ambos os dous incluídos. Así mesmo, en agosto só se enviará un número do F5, o boletín electrónico semanal do Colexio, no último venres do mes.
Durante o tempo que estea pechado o Colexio de Xornalistas, as colexiadas e colexiados poderán continuar a poñerse en contacto co colexio a través do enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal. Así mesmo, aínda que non se envíe o boletín semanal, o Colexio seguira a enviar comunicados aos seus membros a través do correo electrónico se a actualidade informativa así o requerise.
O luns 24 de agosto vai reanudarse a actividade continuando co horario de verán, como establece o convenio provincial, ata o 30 de setembro: das 8 ás 15 horas. A partir dese día poderá contactarse co Colexio a través do enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, chamando ao teléfono 981 935 670 ou achegándose á nosa sede en Santiago de Compostela (Rúa Ponferrada, 9, baixo).
CPXG