O Colexio de Xornalistas lamenta profundamente o falecemento de Lino Blanco

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, no nome de toda a profesión, quere transmitir ás súas condolencias polo falecemento do xornalista e colexiado Lino Blanco Barcia e expresar o seu apoio á familia e amigos nestes duros momentos

Lino Blanco Barcia, nado en Mondariz hai 57 anos, desenvolveu toda a súa carreira profesional no xornalismo deportivo da contorna de Vigo, que cubriu para medios como o Atlántico DiarioDiario 16, a Cadena Cope ou o Faro de Vigo. Na Televisión de Galicia fíxose célebre polas súas coberturas dos partidos do Celta de Vigo, mais nunca esqueceu a información sobre os deportes máis minoritarios e de base, ademais de levar a comunicación de varias competicións e clubes deportivos. Como proxecto máis persoal, publicaba entrevistas e artigos no seu blog Estibando palabras. Desde os eidos da comunicación e o deporte, non cesaron de chegar mensaxes de pésame nas últimas horas.

O velatorio de Lino Blanco está a realizarse na sala nº 2 del tanatorio Emorvisa en Vigo. Ás 17.30 serán trasladados á igrexa parroquial de San Martiño de Vilasobroso, en Mondariz, onde se realizará o funeral ás 18:00 e posteriormente serán inhumados os seus restos.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere expresar o seu pesar por este falecemento e trasladar o cariño de toda a profesión a toda a familia e as persoas achegadas.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia