O Colexio de Xornalistas formaliza o seu ingreso en Reporteiros sen Fronteiras
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) vén de formalizar a súa adhesión á organización internacional Reporteiros Sen Fronteiras (RSF), dentro da súa liña de establecer vínculos coas organizacións máis representativas na defensa dos dereitos dos xornalistas. Nun momento no que máis dun tercio da poboación mundial vive en países onde non existe ningunha liberdade de prensa, RSF actúa a diario para que a información recupere os seus dereitos. Actualmente, 133 xornalistas están na cadea en todo o mundo, simplemente por cumprir coa súa obriga. En Nepal, en Eritrea ou en China, un xornalista pode pasar varios anos no cárcere, por unha palabra ou por unha foto. Porque matar un xornalista significa eliminar unha testemuña esencial e amenazar o dereito de todos á información, Reporteiros Sen Fronteiras realiza o seu combate desde hai máis de 17 anos. Dende hoxe, o CPXG súmase a esta teima.
Ademais das accións e colaboracións que establezan de aquí en adiante ambas organizacións, o CPXG asumiu xa o compromiso de apadriñar a un xornalista e sindicalista chinés que está no cárcere en precarias condicións. Esta acción inclúese no Día dos Apadriñamentos, que cumpre hoxe a súa edición número catorce.
Desde 1989, a asociación propón, ós distintos medios de comunicación e outras entidades, que fagan de padriños de xornalistas privados da súa liberdade só por cumprir co seu traballo. Ós padriños convídaselles a apoiar a un compañeiro en concreto, para que non se esqueza o seu caso e a mediatización da súa situación o protexa dos captores.
Enviando cartas ó cárcere, achegándose á súa familia, protestando ante as autoridades implicadas, mobilizando ós asociados e internautas sobre o caso, as entidades axudan a apoiar a eses homes e mulleres, que só cometeron o crime de querer informarnos.
O CPXG, en nome dos xornalistas galegos, asumiu a defensa do xornalista chinés Liu Jingsheng, que foi condenado, en decembro de 1994, a quince anos de cárcere e catro anos de privación dos seus dereitos cívicos. En 2000, reducíuselle a condena nun ano e un mes, por "bo comportamento" e por ter "manifestado arrepentimento". Jingsheng foi declarado culpable de "propaganda contra-revolucionaria", e de crear grupos "contra-revolucionarios". As autoridades acúsano de participar no lanzamento dun novo xornal clandestino, Foro da liberdade.
Ata maio de 1999, Liu Jingsheng estivo detido no cárcere Nº 2 de Pequín. Desde entón, está preso no centro de detención de Banbuqiao, na mesma cidade. A Liu privóuselle de recibir visitas durante os dous primeiros anos de detención. A partir de 1994, a súa esposa ten autorización para visitalo unha vez ó mes. En 1996, a Liu levárono a unha cela de illamento durante varios meses, por non "respectar o regulamento interno do cárcere". Protestou contra as condicións da súa detención. En 1998, á súa muller prohibíronlle de novo as visitas, tras ter protestado porque ó seu home lle levaran a unha cela de illamento.
As autoridades afirmaron, en 2000, que o seu estado de saúde era "normal". Pero segundo o China Labour Bulletin (revista dun sindicato libre, con sede en Hong Kong), Liu Jingsheng ten problemas gástricos e de hipertensión. Perdeu case todos os dentes.
Foi detido no seu domicilio. A policía incautouse de numerosos documentos, entre outros folletos, dos que Liu Jingsheng distribuíra exemplares en empresas e minas de Pequín. A súa detención produciuse ós poucos días da celebración dunha xuntanza do comité de redacción da nova revista clandestina, Foro da liberdade.
O proceso tiña que celebrarse en outubro de 1993 pero o Tribunal Popular Intermediario Municipal de Pequín demorouno, por falta de probas e, sobre todo, para non mediatizar o caso antes da concesión dos Xogos Olímpicos de 2000. Finalmente, iniciuose o 4 de xullo de 1994, máis de dous anos despois da detención de Jingsheng. O proceso, chamado dos Quince de Pequín (no recinto dos acusados atopábanse quince disidentes), é o maior proceso político celebrado en Pequín desde a represión de 1989. Tivo lugar a porta pechada. O veredicto foi moi grave: oito disidentes foron condenados a penas que van de tres a vinte anos de cárcere. A liberación de Liu está prevista para o ano 2006.