O Colexio de Xornalistas expresa o seu pesar pola morte de Emilio Lavandeira

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quere transmitir ás súas condolencias polo falecemento do fotoxornalista Emilio Lavandeira Prieto.

Nado en Ortigueira en 1934, tivo unha dilatada e destacada carreira ao longo da cal traballou para distintos medios, sendo a Axencia EFE onde pasou a meirande parte da súa vida profesional ata a súa xubilación. Este ano, a cidade de Santiago de Compostela fíxoo fillo predilecto. Ademais, foi un dos membros do Colexio de Xornalistas no momento da súa fundación no ano 2000.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia , en nome do conxunto da profesión, quere expresar o seu fondo pesar polo pasamento deste compañeiro e trasladar as súas condolencias á familia e persoas achegadas.

 

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia