O Colexio de Xornalistas expresa a sáu solidariedade coas víctimas e o seu desprecio ós autores dos atentados perpetrados en Madrid
Ante os criminais atentados perpetrados esta mañá en Madrid, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) declara:
1.- A súa firme condena destas accións dirixidas contra toda a sociedade española e o seu marco de convivencia democrática e o seu desprecio ós autores de tan salvaxes masacres.
2.- A súa solidariedade e o seu apoio ás vítimas, aos seus familiares e amigos e a todo o pobo de Madrid.
3.- A súa adhesión as xornadas de loito decretadas polas autoridades.
4.- A necesidade de actuacións firmes e serenas fronte aos inimigos das liberdades, patrimonio inviolable de toda a cidadanía, e a defensa da unidade e a convivencia nunha sociedade plural e democrática. Máis aínda nas vésperas dunha importante cita electoral.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2004.