O Colexio de Xornalistas entra o luns 3 de xuño no horario de verán

A partir do vindeiro luns, 3 de xuño, e ata o luns 30 de setembro, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia funcionará en horario de verán, de luns a venres de 8.00 a 15.00 horas, segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia da Coruña.

As persoas interesadas en contactar co Colexio poden continuar facéndoo nese horario, ben mediante o enderezo electrónico xornalistas@xornalistas.gal, ben chamando ao teléfono 981 935 670. E tamén achegándose á nosa sede en Santiago de Compostela (Rúa Ponferrada, 9, baixo).

CPXG