O Colexio de Xornalistas de Galicia condena e denuncia a agresión policial a xornalistas durante unha manifestación na Coruña
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) desexa facer público o seguinte comunicado:
Efectivos da Policia Nacional cargaron onte a mediodía contra as persoas que se manifestaban fronte á Torre de Control do Tráfico Marítimo de Fisterra, na cidade de A Coruña.
Como consecuencia da acción policial, alomenos dous xornalistas -unha redactora e un fotoxornalista do diario LA OPINIÓN DE A CORUÑA- sufriron diversas contusións e requeriron asistencia hospitalaria. O fotoxornalista viu, ademáis, como lle rompían a súa cámara.
Á vista destes feitos, a Xunta de Goberno do CPXG quere subliñar
1. A súa máis enérxica condena e denuncia destas accións policiais que, cada certo tempo, reaparecen lamentablemente como exponente de brutalidade e intolerancia.
2. Poñer a disposición dos xornalistas agredidos -por certo, debidamente identificados durante o exercicio da súa función- os seus servicios de asistencia xurídica para calquera acción que desexen emprender.
3. Dar conta destes acordos ó Delegado Xeral do Goberno en Galicia, requerindo o seu compromiso activo para erradicar comportamentos policiais tan condenables como os aquí denunciados.
Santiago de Compostela, 18 de Decembro de 2002.