O Colexio de Xornalistas condena as agresións contra o fotógrafo José Luís Rodríguez Tella e esixe a adopción de medidas reparadoras urxentes nunha carta enviada ó conselleiro de Xustiza en funcións
Santiago de Compostela, 22-XI-01
Sr. D. Antonio Pillado Montero
Conselleiro (en funcións) de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
Estimado conselleiro:
O Secretario da Delegación Provincial da súa consellería en Lugo, D. Rafael Díaz Iglesias, insultou e ofendeu gravemente, agrediu e lesionou onte ó fotoxornalista, D. José Luís Rodríguez Tella "Pradero" cando éste estaba a realizar o seu traballo para LA VOZ DE GALICIA.
Os feitos sucederon durante un acto pacífico de protesta protagonizado por estudiantes que se manifestaban contra a Lei de Ordenación Universitaria (LOU).
Como Decano do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA (CPXG), transmítolle, no nome da Xunta de Goberno que presido, a máis rotunda condena e rexeitamento desta acción que supón, ademais, unha agresión ó dereito e ó deber de informar, ó acceso á información e, en definitiva, á libertade de expresión.
Por todo esto, rógolle que adopte as medidas tendentes a evitar que feitos así volvan a producirse.
O C.P.X.G. poñerá os seus servicios xurídicos a disposición do compañeiro agredido.
Actitudes como a observada por este funcionario público son, señor conselleiro, intolerables e necesitan exemplares accións neutralizadoras que deben conlevar, asemade, iniciativas reparadoras dos danos, non só físicos, causados, neste caso, a D. José Luís Rodríguez Tella.
Espero a súa actuación e a súa resposta.
Atentamente.
Xosé María García Palmeiro
DECANO do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA