O Colexio condena as agresións contra EL CORREO GALLEGO
A Xunta de Goberno do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA (CPXG) fixo público o seguinte comunicado:
"Á vista das agresións e intimidacións realizadas nos últimos días contra EL CORREO GALLEGO por grupos minoritarios, que supoñemos alleos ó conxunto das movilizacións estudiantís en Santiago de Compostela, a Xunta de Goberno do COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA (CPXG), declara:
1.- Condenamos e lamentamos calquera acto violento, coactivo, ameazante ou intimidatorio contra calquera medio de comunicación ou contra os xornalistas. Neste caso, contra EL CORREO GALLEGO.
2.- Expresamos a solidariedade cos xornalistas e traballadores de EL CORREO GALLEGO, O CORREO GALEGO e RADIO OBRADOIRO.
3.- Entendemos que agresións como as referidas son unha ameaza para a libertade de expresión e o dereito dos cidadáns a recibir información.
4.- Afirmamos que a lexítima, e necesaria, crítica das actuacións dos xornalistas e dos medios de comunicación debe plantexarse coa contundencia da razón e da palabra.
5.- Lembramos, neste senso, que a asemblea estudiantil rexeitou, expresamente, estes comportamentos agresivos, aillados e minoritarios.
6.- Salientamos, por último, o carácter pacífico, multitudinario e imaxinativo do conxunto das movilizacións estudiantís en Santiago e chamamos a atención sobre a importancia de escoitar, analizar e difundir, sen presión algunha, as demandas do colectivo universitario galego".
Santiago, 21 de Novembro de 2001