Novos obradoiros contra a desinformación esta semana en Taboada e Friol
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia organiza esta semana outros dous obradoiros contra a desinformación, dentro do programa de alfabetización mediática para adultos organizado coa subvención da Deputación de Lugo. O venres 6 de novembro ás 19.00 horas desenvolverase o primeiro dos talleres, no Salón de actos do Cuartel Vello de Taboada; mentres que o sábado 7 ás 11:30 terá lugar un novo obradoiro na Escola de Vilalvite, en Friol. Ambos os dous talleres estarán impartidos por Selina Otero, e son de asistencia libre e gratuíta, sen necesidade de inscripción previa.
O programa de alfabetización mediática do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia continúa a súa andaina por terras luguesas, grazas o proxecto subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo. Taboada este venres 6 de novembro e Friol o sábado 7 serán as novas citas coa formación para distinguir mellor o xornalismo de calidade e axudar a combater as noticias falsas.
Este venres 6 de novembro realizarase o primeiro dos obradoiros contra a desinformación desta semana, con comezo ás 19:00 horas no Salón de actos do Cuartel Vello de Taboada. Ao día seguinte, a alfabetización mediática trasládase até Friol, cun novo taller que vai ter lugar, a partir das 11:30 horas, na Escola de Vilalvite.
Ambas as dúas formacións estarán a cargo de Selina Otero Verdes. Licenciada en Xornalismo e especializada en educación e innovación, Otero ten unha experiencia de máis de quince anos como profesional da comunicación en medios e gabinetes de prensa, destacando o seu papel no Faro de Vigo, onde foi responsábel do suplemento educativo Faro da Educación. Como todas e todos os formadores, recibiu formación específica en alfabetización mediática para poder trasladar á poboación dunha maneira máis eficiente as mellores estratexias para recoñecer e combater a desinformación.
A asistencia a ambos os dous actos é libre e gratuíta até cubrir a capacidade da sala, sen requerirse inscrición previa.
Obradoiros contra a desinformación
O contexto actual de proliferación de noticias falsas está a danar profundamente non só ao xornalismo, que se enfronta a unha crise sen precedentes, senón tamén a propia calidade democrática da nosa sociedade. Sen ferramentas para poder defendérmonos, ninguén está libre de ser vítima ou propagador da desinformación. É por iso que o Colexio de Xornalistas, na súa defensa da profesión, quere combater esta situación fornecendo a sociedade galega de coñecementos contra as mentiras e ferramentas para combatelas. O proxecto significa a adaptación a poboación adulta dunha iniciativa formativa que o Colexio leva realizando durante anos con gran éxito entre as e os escolares da comunidade.
Os obradoiros contra a desinformación chegan aos concellos de Barreiros, Burela, Castroverde, Castro de Rei, Chantada, Cervantes, A Fonsagrada, Foz, Friol, Guitiriz, Lugo, Monforte de Lemos, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga, Sarria, Taboada, Trabada, Vilalba e Viveiro, e estarán impartidos por profesionais colexiados e colexiadas que recibiron formación específica: María del Carmen Abuín González, Elena Martín Lores, Maria Selina Otero Verdes, Carmen Quintela Babío, Miguel Rodríguez Fernández, María del Pilar Rodríguez Losada e Marga Tojo González. A actividade está subvencionada pola Deputación Provincial de Lugo.
CPXG