Novo sorteo de bolsas do 50% de desconto para programas de formación en Galicia Business School

En virtude do convenio do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia con Galicia Business School, os colexiados e colexiadas poden presentarse entre o 6 e o 17 de xuño a un novo sorteo de medias bolsas (dun 50% de desconto sobre o prezo total) para profesionais nos programas de formación desta escola para o curso 2022-2023.

As medias bolsas poden aplicarse nos seguintes programas de formación de Galicia Business School: Programa Executive en Dirección e Xestión de EmpresasMBA Máster profesional en Administración de EmpresasMBA Recursos HumanosMBA Dirección de Operacións & Supply Chain ManagementMáster en Márketing e Márketing DixitalMáster en Márketing, Xestión Comercial e Vendas e Executive MBA. Todos eles poderán cursarse en modalidade presencial na sede de Galicia Business School en Santiago de Compostela ou en modalidad de presencialidade dixital a tempo real desde os domicilios ou oficinas, en función das preferencias de cada participante.

Para participar no sorteo é necesario inscribirse desde o luns 6 de novembro ao venres 17 de xuño neste formulario. Haberá unha persoa gañadora e 3 suplentes en cada programa. As persoas gañadoras terán 48 horas para aceptar a bolsa desde a comunicación dos resultados. Ademais, independentemente do resultado do sorteo, as colexiadas e colexiados do CPXG contan cun prezo especial nos programas de formación.

Para resolver calquera dúbida sobre estes programas ou a mecánica do sorteo, podes contactar con Galicia Business School no correo info@galiciabusinessschool.es ou no teléfono 886 317 146.

Podes acceder ao catálogo de descontos e servizos especiais para colexiadas e colexiados a través deste enlace. Para poder ver os códigos de descontos e outras características de cada convenio, cómpre entrar na páxina co teu usuario e contrasinal. Se aínda non dispós das claves para acceder, podes solicitalas no enderezo xornalistas@xornalistas.gal ou no teléfono 981 935 670.

CPXG