Nova orde de captura contra o correspondente de Telesur Fredy Muñoz

Un fiscal ordenou de novo a captura do xornalista colombiano Fredy Muñoz, correspondente da cadea venezolana Telesur, ó encontrar novo material probatorio que o vincularía a actividades nas que presuntamente manipulou explosivos.
Muñoz, un xornalista ó servizo da canle Telesur e que quedou en liberdade fai vinte e tres días, foi sometido a exames de medicina legal que achou que unhas queimaduras no seu corpo son produto da manipulación de explosivos, segundo o telenoticiero RCN, que citou á Fiscalía.

Muñoz, tras ser detido a fins do 2006 foi deixado en liberdade o pasado 9 de xaneiro, en segunda instancia, por un fiscal que non encontrou indicios suficientes para o manter preso.

Ó xornalista acúsaselle de ter responsabilidade na voadura con explosivos de tres torres de condución eléctrica entre 2000 e 2002.

Muñoz é acusado de rebelión, que lle daría un pena de cárcere de entre seis e nove anos, e de terrorismo, cunha pena de entre dez e quince anos.

COLOMBIA
PERIODISTAS-ES / FELATRACS